A Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz, suspendida o ano pasado por mor da pandemia de Covid-19, celebra este ano a súa 32ª edición cunha programación cultural que foi presentada oficialmente este mércores na sede principal da Deputación de Pontevedra.
Como é tradicional, a Feira dos Oficios Artesáns de Mondariz terá lugar o primeiro fin de semana de agosto, que este ano corresponde ao 31 de xullo e ao 1 de agosto de 2021. Na véspera da súa inauguración oficial. presentarase nos Xardíns do Concello o documental «Cesteiros de Mondariz», o 30 de xullo ás 22:00 horas, un proxecto audiovisual financiado polo programa O Teu Xacobeo 21-22 que recupera a memoria do oficio a través da historia do último mestre cesteiro de Mondariz, Enrique Táboas. As súas obras, así mesmo, están expostas na mostra Tecendo a natureza aberta ao público na Praza de Abastos desde o 13 de xullo até o 4 de agosto.
Durante a presentación da 32ª edición, tanto a concelleira de Cultura, Anxos Carballo, como o alcalde, Xosé Emilio Barros, destacaron «o compromiso do concello coas actividades de exaltación e preservación do patrimonio cultural, concebido como un valor de futuro», segundo sinalaron.
Unha feira que aposta pola calidade do traballo artesanal
Programación cultural
22:00 horas: presentación do documental «Cesteiros de Mondariz» (produción: EscénaTe, dirección: Fon Cortizo, guión: Alexandre Cancedo), nos Xardíns do Concello.
Lugar: Praza de España de Mondariz