domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísCertificado de vacinación ou PCR negativa, obrigatorios no ocio nocturno de Galicia

Certificado de vacinación ou PCR negativa, obrigatorios no ocio nocturno de Galicia

Amáis, Sanidade limita a dez persoas as reunións nas terrazas da hostalería.

Sanidade limita as xuntanzas na hostalería a un máximo de 6 persoas no interior dos locais e a 10 nos espacios exteriores e terrazas, en todos os niveis. Non así no alto, no qu segue a prohibición de abrir no interior dos locais. Explicouno o conselleiro, Julio García Comesaña. O titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que esta medida terá carácter de recomendación nos restantes ámbitos sociais, co ánimo de atallar a expansión do virus, «pero de seguir co aumento de contaxios poderase facer obrigatorio nos demais ámbitos», apuntou.

García Comesaña trasladou a súa preocupación pola importante suba de novos casos detectados nas últimas datas, onde se destaca a presenza dun amplo número de persoas mozas. Deste xeito, e ante o cambio de perfil das persoas contaxiadas pola COVID-19, o conselleiro avanzou un novo modelo para adoptar restrición nos concellos, onde primará a presión asistencial dos hospitais galegos.

Así, adiantou que se trata dun modelo “dinámico, variable e onde terá moita importancia a presión asistencial de cada área”, detallando que se tiveron que axustar os criterios epidemiolóxicos á nova realidade, na que hai un número maior de poboación vacinada, moitos casos activos entre poboación máis nova, e tamén un novo patrón no perfil das persoas que ingresan pola covid.

No que atinxe á situación epidemiolóxica de Galicia, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, explicou que a incidencia na nosa comunidade a 7 días é de 142 casos (polos 258 da media nacional), e que a 14 días é de 210 casos (polos 437 da media española). Así mesmo, precisou que a taxa de positividade en Galicia é arestora do 6.09%, un punto por encima do límite recomendado pola OMS e case a metade da media española.

O ocio nocturno, baixo condicións

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou, do mesmo xeito, que, a partir do martes 20 de xullo, será obrigatoriO presentar ben unha PCR ou test de antíxeno negativo, realizado nas últimas 72 horas, ben o certificado de vacinación coa pauta completa en todos os concellos galegos, independentemente do nivel de restricións no que se atopen. Agás nos que rexen as medidas do alto, que non está permitido a apertura do sector do ocio nocturno.

Deste xeito, todos os galegos e as galegas que desexen aceder a un local do ocio nocturno terá que presntar unha serie de garantías como é o caso das probas negativas en COVID-19 ou o certificado de vacinación coa pauta completa.

En canto á realización de probas diagnósticas, a responsable de Saúde Pública, Carmen Durán,  explicou que esta actividade continúa intensificándose e que, durante a pasada semana citáronse para os cribados a 41.000 persoas, acudindo o 41,5% das convocadas, e detectándose un total de 323 casos positivos. Neste senso, convidou a poboación máis nova a acudir aos cribados que se realizarán na presente semana, nos que se convocou a máis de 26.000 persoas.

Amáis, tamén anunciaron os responsables da sanidade galega que, a partir do martes, ponse marcha un sistema de autocita para aquelas persoas que desexen someterse a unha proba PCR. Esta medida xa está posta en marcha na Área Sanitaria de Ourense e na de Vigo e a partir do martes, esténdese ás demais.

Restricións por concellos

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou, na súa reunión de onte, o establecemento do nivel alto de restricións para os concellos de Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Barco de Valdeorras.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Porto do Son, O Carballiño, Ribadavia, Sarria, Sanxenxo, Poio, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis e Salceda de Caselas. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 17 de xullo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS