viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasO CondadoO Rallye Sur do Condado, en imaxes

O Rallye Sur do Condado, en imaxes

Tras unha edición interrompida pola pandemia, o Rallye Sur do Condado quenta motores con máis ganas ca nunca. En total, 138 equipos disputan hoxe a terceira proba do Campionato Galego de Rallyes 2021.

A Escudería Surco é a encargada de organizar o evento, que dividiu en tres tramos de dobre pasada pola maña e outros tantos pola tarde. Son 115 quilómetros de tramo cronometrado, o que significará para os participantes estar máis de 10 horas metidos no coche.

Na xornada matutina leváronse a cabo as especiais de Arbo, Covelo-Mondariz e Mos, sendo este último unha das novidades desta edición.

Xa pola tarde, será a quenda dos tramos de Salvaterra de Miño, Ponteareas e Salceda de Caselas. Esta última pechará a proba e os equipos dirixiranse á praza do Concello de Salvaterra, onde estará localizado o parque pechado final.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS