sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaSés actuará en Mos nas festas do patrón

Sés actuará en Mos nas festas do patrón

Será o vindeiro 7 de agosto, día de San Mamede, ás 21.00 horas en Torroso.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, membros do equipo de goberno local e representantes da Comunidade de Montes, do Centro Cultural e da Comisión de festas de San Mamede presentaron esta mañá a programación cultural das festas do patrón que terán lugar os días 6 e 7 de agosto.
Os actos comezarán o venres 6 a partir das 20.00 horas nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, co concerto “Amantes da Terra” de Andrea Pousa. Os teloneiros encargados de darlle paso a Andrea Pousa serán os integrantes locais do grupo de gaitas Ruada de Torroso.
O sábado 7 de agosto, chegará o festivo local e con el a celebración do día grande, no que os mosenses poderán desfrutar dunha gran tradición, a das bandas de música. Será a Banda de Música Xuvenil de Torroso a encargada de amenizar ao mediodía e xa a tardiña, ás 20.00 horas, actuará a Banda de Música de Ribadumia, que fará a súa actuación a través do programa “O País das Bandas” posto en marcha pola Xunta de Galicia.
E como broche de ouro, ás 21.00 horas, chegará o Concerto de Sés subvencionado na súa totalidade pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través dos Fondos de Proxectos Culturais Xacobeo 21
Sobre este concerto a redexora local declarou que “estou segura de que será marabilloso, será de seguro todo un éxito xa que Sés representa a esa música que tanto lle gusta á xente nova; ademais nunha contorna tan ideal coma esa zona exterior do Centro Dotacional de Torroso, a posta en escena será inesquecible”
Pola súa parte, a Concelleira de Cultura, Sara Cebreiro manifestou que “dende o Concello de Mos configuramos unha programación que ten como obxectivo base o fomento da cultura, enxalzar un día sinalado e importante do calendario da nosa localidade, e por suposto ofrecer alternativas de ocio e desfrute a todos os públicos e sen ter que saír de Mos”
Tal como indican desde a administración local, “poñendo en marcha esta programación despois dun duro ano de pandemia que afectou tremendamente á cultura, saliéntase a riqueza cultural dun pobo e ao mesmo tempo festéxanse estes días tan importantes para Mos”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS