miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsO PaísGalicia xa pasa dos 3.000 casos activos

Galicia xa pasa dos 3.000 casos activos

A Área Sanitaria que máis sobe nos positivos é a de Ourense con 84 nas últimas 24 horas.

Segundo a última actualización do SERGAS, Galicia conta con 3.231 casos activos, isto é, 314 máis con repecto á xornada anterior. Todas as áreas aumentan no número de persoas que arestora teñen a COVID-19, epecialmente a de Ourense con 84 máis.

Por área sanitarias:

Área Sanitaria de Coruña: 709 (+40)

Área Sanitaria de Vigo: 636 (+64)

Área Sanitaria de Pontevedra 615 (+35)

Área Sanitaria de Ourense 483 (+84)

Área Sanitaria de Lugo 352 (+38)

Área Sanitaria de Santiago: 313 (+38)

Área Sanitaria de Ferrol 123 (+15)

En canto á presión hospitalaria, cabe sinalar que as UCI da Área Sanitaria de Vigo e a de Ourense están baleiras de pacientes COVID-19. No conxunto da comunidade, son 49 persoas ingresadas en camas convencionais, tres máis que na anterior xornada, e 9 nas UCI, tres menos que onte.

O SERGAS notificou este mércores o falecemento dunha muller de 38 anos con coronavirus na Área Sanitaria da Coruña. A paciente tiña patoloxías previas. É a quinta vítima que perde a vida co virus en Galicia con menos de 40 anos .

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS