sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoAtentado homófobo contra o banco LGBTIQ+ de Salvaterra

Atentado homófobo contra o banco LGBTIQ+ de Salvaterra

Xa está convocada unha concentración en defensa dos dereitos do colectivo, este venres, 9 de xullo, ás 20 horas, na Praza do Concello de Salvaterra.

O banco LGBTIQ+ que instalou fai menos de un mes Salvaterra na Praza do Concello sufriu esta madrugada un acto vandálico e de odio, pois diante del escribiron “Gais no”. O Concello xa condenou estes feitos, que se produciron apenas unha semana despois da brutal paliza mortal do coruñés Samuel, a quen lle berraron “maricón” antes de matalo a golpes.

“Estamos nunha sociedade onde o valor principal debería ser a tolerancia e respecto á diversidade e as persoas, valores que intentamos reivindicar e potenciar con accións como a colocación do banco LGBTIQ+ que se fixo co traballo e coa participación dos alumnos e alumnas de Carpintería do IES Salvaterra”, denunciou o Concello na súa páxina de Facebook, recalcando que “actos como estes non teñen cabida nunha sociedade avanzada e plural como na que vivimos”.

O banco contra o que atentaron esta madrugada fora instalado fai menos dun mes, con motivo da celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+.

Ademais do comunicado de repulsa do Concello, xa circula polas redes sociais a convocatoria dunha concentración en defensa dos dereitos da comunidade LGTBIQ+ ante as agresión LGTBIfóbicas, que terá lugar maña, venres, ás 20 horas, na Praza do Concello de Salvaterra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS