miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsComarcasSalceda e Redondela soben ao nivel medio de restricións

Salceda e Redondela soben ao nivel medio de restricións

Sanidade decreta, amáis, o nivel alto nos municipios de Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa e no que continúa Sarria.

O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia da COVID-19 decide na reunión do martes que deben rexer as medidas do nivel medio de retricións nos concellos de Salceda de Caselas e de Redondela. Isto implica que a hotalería reduce os aforamentos ata o 30% no interior dos locais e ata a metade da capacidade nas terrazas, entre outras limitacións.

As limitacións do nivel medio tamén serán de obrigado cumprimento nos municipios de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra e Marín.

Pola súa banda, o interior dos locais da hostalería de Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa estará pechado dende o sábado pois Sanidade decretou o nivel alto nas localidades. O aforamento queda restrinxido ao 50% nas terrazas. Con estas limitacións continúa o municipio de Sarria. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

O ocio nocturno pecha nestes municipios posto que este sector só pode abrir os locais nas localidades nas que rexen o nivel máis baixo de limitacións que actualmente está en vigor, que é o medio-baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.

Este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ofrece unha conferencia de prensa na que explicará as decisións que se tomaron no comité clínico do martes co fin de conter o avance do virus na comundiade.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS