2.638 galegos e galegas teñen a COVID-19 arestora, 172 máis que na anterior xornada, segundo o SERGAS.
Galicia pasa xa dos 2.600 casos activos ao sumar 172 nas últimas 24 horas. É a Área da Coruña a que máis positivos rexistra con 643, con todo, son as de Vigo e a de Pontevedra as que experimentan a maior subida.
Por áreas sanitarias:
Área da Coruña: 643 (+16)
Área de Pontevedra: 546 (+36)
Área de Vigo 479 (+50)
Área de Ourense 336 (+25)
Área de Lugo 284 (+20)
Área de Santiago 247 (10)
Área de Ferrol 103 (+15)
En canto á presión hospitalaria, é unha persoa máis a que se atopa nas UCI de Galicia, ata un total de 12, e son tres paciente menos ingresados con 47 nas camas convencionais.