jueves, noviembre 28, 2024
InicioComarcasLouriñaMos axuda a conciliar co programa “Mañás de Verán”

Mos axuda a conciliar co programa “Mañás de Verán”

Un total de 58 nenos, de entre 3 e 12 anos, participan na quenda da primeira quincena de xullo do campamento estival

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira Julia Loureiro, visitaron aos cativos de 3 a 12 anos de idade que están a participar no campamento estival matinal “Mañás de verán”, impartido no CEIP Mestre Martinez Alonso de Castro-Mos de luns a venres en horario de 09.00 a 14.30 horas.
O programa arrancou xa o pasado 23 de xuño e prolongarase ata a primeira semana de setembro, do 1 ao 7, en diferentes quendas. Nesta, que vai ata o vindeiro 15 de xullo, están a participar un total de 58 nenos e nenas e para as seguintes quendas aínda hai prazas libres. As solicitudes pódense descargar en liña ou collelas na Omix ou no Rexistro do Concello, lugar onde logo se deben presentar, de xeito presencial mediante cita previa ou a través da sede electrónica.

O custo do campamento por quenda é de 85 euros, contemplándose descontos a partir do segundo irmá. Ademais do servizo de campamento existe a posibilidade de contratar os servizos de aula matinal e servizo de fiambreira cun custe adicional para as familias que precisen deixalos antes das 09.00 horas e quedarse ata as 15.15 horas.

A historia de Mos e o seu contorno

Nesta primeira quenda ten a temática de “ A historia de Mos e o seu contorno” onde os participantes a través dos xogos coñecerán a historia do municipio. A súa bandeira, a festa da Rosa, o Dolmen, a Penacova, etc. Ademais de utilizar as instalacións do colexio Castro-Mos, os pequenos tamén realizarán diversas saídas entre as que se atoparán a visita ao Parque da Auga de Pesqueiras, o Sendeiro Ecolóxico do Río Louro e o Pazo de Mos.

Este ano a empresa que desenvolve todas as actividades é Grupo Koremi que conta con ampla experiencia en actividades de lecer e tempo libre.

“Mañás de verán” é unha experiencia que fai que os nenos e nenas se divirtan, aprendan a relacionarse, compartan actividades e sobre todo vivirán novas e enriquecedoras experiencias.
Como en anos anteriores, bríndanse actividades únicas para a educación cognitiva, social e afectiva dos participantes, cunha organización responsable, coherente e profesional, garantindo a harmonía, a convivencia, a alegría e o benestar de todos.

Ferramenta de conciliación

Con esta iniciativa, “a administración local mosense ofrece de novo unha ferramenta de conciliación entre a vida laboral e familiar para os habitantes do Concello, de xeito que nesta época estival os rapaces e rapazas poidan gozar dun ocio saudable e de calidade dirixido a través de prácticas educativas”, tal e como explicaron as representantes municipais Arévalo e Loureiro

Os obxectivos destes campamentos son facilitar a conciliación da vida laboral e familiar no período de vacacións escolares, promover a calidade de vida dos nenos de Mos e das súas familias, potenciar a educación en valores e hábitos saudables, favorecer o coñecemento da diversidade e riqueza natural do entorno e facer deste proxecto unha experiencia divertida e inesquecible para os rapaces e rapazas do Concello

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS