A Asociación de empresarios de Mos vén de clausurar a quinta edición do seu programa Insere Activa 5 no que participaron 34 mulleres
Foi un acto moi emotivo no que ademais de parte das protagonistas (25) acudiron a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; o presidente de Aemos, Manuel Castro e a alcaldesa de Mos Nidia Arévalo.
Os resultados deste programa foron aplaudidos dende a Xunta de Galicia, ao igual co labor de Aemos e o seu empresariado, “pola súa alta implicación e compromiso no este colectivo”.
Todas elas amosáronse moi agradecidas polo que supuxo esta iniciativa nas súas vidas e o desexo de poder continuar e alcanzar todos os retos que aínda non lograron.
O 30% das mulleres participantes acadou un posto de traballo, preme no enlace para ver a noticia