miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Balneario de Caldelas abre o primeiro centro termal para mascotas

O Balneario de Caldelas abre o primeiro centro termal para mascotas

Utilizará as súas augas sanadoras para tratar dermatites, artrose e reumatoide animal.

O Balneario de Caldelas de Tui reinvéntase e abre o primeiro centro termal para animais de España: Centro Zoolóxico Termal “El Arca”; unha aposta pioneira que comparte cas mascotas os beneficios das súas augas mineiromediciñais e termais.

As instalacións son independentes ao balneario, pero os beneficios das súas augas serán os mesmos: tratar enfermidades animais coma a dermatites, a artrose ou artrites reumatoide a través do termalismo. Para iso contan cun centro con tres habitáculos: un para cans pequenos e gatos, outro para cans grandes e un terceiro para cans con problemas de mobilidade, para o que contan un arnés.

Aínda que existe algún centro termal para mascotas en España, os que hai teñen intencións ociosas. So este de Caldelas o fai con fins terapéuticos e xa comprobados. “Queremos para os nosos pequenos peludos o mesmo que para todos os clientes que pasaron polo balneario ao longo dos últimos anos”, manifesta ana Rodríguez, propietaria do balneario.

As augas mineiromediciñais do Balneario de Caldelas, das que existen referencias sobre o seu uso termal a principios do século XVII, levan desde finais do século XIX curando enfermidades e sendo fonte de alivio de milleiros de pacientes humanos. Agora, con este proxecto pioneiro, tamén o serán para os animais domésticos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS