Arestora, son 1.837 galegos e galegas os que teñen a COVID-19, isto é, 164 máis que onte, segundo o SERGAS.
O SERGAS detecta nas últimas 24 horas 258 novos positivos na comunidade, que foron confiramdos mediante PCR agás un. Deste xeito, ascenden a 1.837 o número de persoas que teñen a COVID-19 en Galicia, é dicir, 164 máis ca onte.
É a Área Sanitaria de Pontevedra a que experimenta unha maior suba con 59 positivos máis que na anterior xoranda. Aumentan os casos en todas as áreas.
• A Coruña: 544 (+32)
• Pontevedra: 321 (+59)
• Vigo: 297 (+12)
• Lugo: 222 (+16)
• Ourense: 199 (+31)
• Santiago: 176 (+12)
• Ferrol: 78 (+2)
En canto á presión hospilaria, son tre persoas máis ingresadas por mor do virus en camas convencionais ata un total de 43 e na UCI son dúas menos ata as 10.