martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsComarcasComeza a rebelión das tesoiras rotas

Comeza a rebelión das tesoiras rotas

O sector doa imaxe persoal concéntrase fronte ao Congreso dos Deputados este mércores para esixir que se lles devolva ao IVE reducido do 10%.

Indignación. Ese é o sentimento que explican dende o sector da imaxe que prevalece logo de que a presidenta do Senado, Pilar Llop, anulara a votación que baixaba o IVE nos salóns de peiteado.

A Cámara Alta aprobara cos votos a favor de todos os grupos e cos votos en contra do PSOE devolver ao sector da imaxe ao IVE reducido. LLop aplicou o artigo 151.1 do Regalmento que lle outorga á presidenta a facultade de resolver «controversias».

Precisamente, o coordinador da plataforma de imaxe persoal do sur de Pontevedra cree que a controversia «é que o noso sector sexa esencial durante a pandemia e o noso IVE sexa do 21%». Amáis, aclara que «non é un tema político, trátase de facer xustiza».

Escoita aquí a conversa completa co coordinador Marcos Valverde:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS