martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísSanidade establece o nivel alto de restricións en Carnota e Sarria

Sanidade establece o nivel alto de restricións en Carnota e Sarria

Os municipios de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa terán que cumprir as normas establecidas no nivel medio.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Carnota e Sarria. Isto implica que, a partir do sábado 3 de xullo, a hostalería dos municipios terán que pechar o interior dos locais e o aforamento das terrazas redúcese ao 50%.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa. Así, os aforamentos nos locais da hostalería son do 30% no interior dos locais e á metade da capacidade nas terrazas.

Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo, é dicir, cun aforamento no interior dos locais do 50% e do 100% nas terrazas.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 3 de xullo.

Este mércores o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Servizo Galego de Saúde, José
Flores Arias, farán balance en rolda de prensa da situación epidemiolóxica da COVID-19 en Galicia.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS