Salvaterra pon en marcha unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero.
O concello repartirá entre os nenos e as nenas que participan nos campamentos de verán e entre o alumnado do IES Salvaterra que se gradúa este venres 24 de xuño unha mochila e un pack anticovid, adecuado á situación actual, con mensaxes sensibiilzadoras.
Trátase dunha iniciativa que se enmarca no Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través do Ministerio de Igualdade, «a que debemos sumarnos todos e que ten como obxectivo previr e concienciar á poboación» Para iso repartiranse unha serie de material informativo, mochilas, mascarillas, xel…todo elo co lema “XUNT@S SOMOS FORTES”.
Esta acción é unha continuación da liña de traballo que vén facendo este Concello a través doutras campañas, como o concurso de slogans contra a violencia de xénero, campañas de sensibilización e difusión para loitar contra a violencia de xénero e traballar pola igualdade.
Unha campaña accesible, visual que, segundo explican dende o concello, «ten como obxectivo que a mensaxe chegue ao maior número de persoas posible co fin de previr e concienciar para a súa erradicación». Insisten, amáis, en que «todos e todas debemos ir da man nesta loita».
Dende Salvaterra cren necesario facer fincapé na importancia de seguir traballando por unha sociedade máis xusta, «un reto ao que debemos unirnos todas as administracións e a poboación en xeral, sendo entre outras a finalidade destas accións».