Todos os estudiantes que viaxaran a Baleares consideranse contactos estreitos e terán que gardar corentena ata que a Central de Seguimento contacte con eles.
A Consellería de Sanidade está a levar a cabo unha serie de medidas como consecuencia do abrocho da covid detectado entre os estudantes que viaxeron recentemente a Baleares. Todos os estudiantes que viaxaran a Baleares consideranse contactos estreitos e terán que gardar corentena ata que a Central de Seguimento contacte con eles.
A Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un protocolo, en coordinación coa Estratexia de Vacinación, no que se disporá o que teñen que facer os estudantes en función da data das súas viaxes.
A Consellería de Educación está xa a enviar ao departamento sanitario da Xunta as listaxes dos centros que viaxaron recentemente ás Illas Baleares. Desde a Central de Seguimento de Contactos chamarase a todos os alumnos, para infomarlles do protocolo e resolver posibles dúbidas. Polo de agora, hai 11 centros en Galicia, que confirmaron algunha viaxe de alumnos a Baleares.
Serán as respectivas áreas sanitarias as encargadas de xestionar as citacións das PCRs a realizar neste grupo de personas.
Amáis, os pais ou as nais que vaian recoller aos seus fillos ao aeroporto extremen a precaución. A recomendación da Consellería de Sanidade é que vaia so unha persoa a recollelo e, no automóbil sempre con máscara e distancia.