O subcomité clínico reuniuse este venres de xeito extraordinario.
Os expertos e as expertas do subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola COVID-19, vén de acordar, na reunión esxtraordinaria mantida este venres, o nivel alto de restricións para o Concello de Sarria.
Así, este concello é o único municipio de Galicia no que o interior dos locais da hostalería estará pechado. O aforamento nos exteriores é da metade da capacidade.
Tras avaliar a incidencia acumulada do concello lucense, situada en 142 casos a sete días, e en 202 casos a catorce; o grupo de expertos decidiu incrementar as súas retricións «co ánimo de reducir o índice de casos activos», segundo apuntan dende Sanidade.
Do mesmo xeito, ficarán no nivel medio os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas de mañá sábado, 26 de xuño.