Salvaterra de Miño vén de aprobar as bases e a licitación para a adquisición dun novo camión para a recollida de lixo, financiado polo Plan Concellos da Deputación Provincial cun orzamento de execución de 143.000€.
O concello de Salvaterra explica que «o incremento da poboación no centro urbano e nas parroquias trae consigo tamén un amento na xeración de residuos orgánicos e a avanzada idade dun dos camións de lixo» fai necesario a renovación «co fin de mellorar o servizo ofrecido».
Salvaterra busca, así, optimizar a recollida de residuos sólidos urbanos. A través da licitación, o concllo adquirirá un vehículo compactador de RSU de 11 metros cúbricos, aliando a capacidade de recollida considerablemente e que contará con moitas melloras que facilitarán o traballo dos operarios,logrando así máis axilidade, segundo apuntan dende o Concello.