viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísSoben os casos activos en Galicia ata os 1305

Soben os casos activos en Galicia ata os 1305

Son 36 galegos e galegas máis que, arestora, teñen a COVID-19 e baixa a presión hospialaria con catro persoas menos ingresadas. 

Arestora, en Galicia hai 1308 persoas coa COVID-19, isto é, 36 máis que na anterior actualización de Sanidade. A presión hospitalaria descende ata os 33 pacientes ingresados en camas convencionais e ata os 12 nas UCI.

Baixan os casos activos nas áreas de Vigo e de Ferrol, e pola contra, aumentan nas demáis.

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

A Coruña: 478 (+14)

Vigo: 189 (-2)

Lugo: 173 (+9)

Ourense: 146 (+7)

Pontevedra: 128 (+12)

Santiago: 112 (+7)

Ferrol: 79 (-11)

O SERGAS non notificou ningún falecemento vencellado á COVID-19 polo que mantense en 2343 as persoas que perderon a vida co virus en Galicia dende o inicio da pandemia.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS