sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaMos conmemora o Día do Orgullo LGTBI+

Mos conmemora o Día do Orgullo LGTBI+

A bandeira multicolor loce en bancos das zonas máis concorridas e organízase un concurso de frases reivindicativas

Os concelleiros Leo Costas e Sara Cebreiro presentaron hoxe as iniciativas municipais para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI+ que se celebra o vindeiro luns 28 de xuño. Fixérono nas Angustias, Sanguiñeda, onde se atopa un dos varios bancos coa bandeira multicolor, pintados estes días na localidade de xeito conmemorativo con motivo da devandita data.
De novo este ano por mor da COVID-19 non se poderá realizar unha programación con actividades presenciais pero desde as concellerías de Mocidade, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade que dirixen os edís Leo Costas e Sara Cebreiro, respectivamente, ideáronse iniciativas acordes coa situación actual para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+:

  • II Concurso frase conmemorativa polo día LGTBI+ que se exporá nas pantallas fonte da rotonda das Angustias, dende o día 25 ata o 30 deste mes.

O prazo de presentación remata precisamente hoxe, 23 de xuño. As persoas participantes (maiores de 12 anos) deben remitir un correo electrónico ao enderezo omix@concellomos.es coa frase conmemorativa que presenten a concurso (dúas por persoa), nome, idade, dirección e teléfono de contacto. Só se admite un correo electrónico por persoa participante.
As frases que se presenten a concurso deben constar dun máximo de 30 caracteres con espazos, contabilizándose como 1 carácter cada espazo. Ningunha frase poderá superar esta lonxitude. As frases deberán conter unha mensaxe que reivindique os dereitos ou empoderen ás persoas LGTBI+.

  • Pintado de varios bancos en lugares destacados do concello, coa bandeira LGBTI+ (entre eles o auditorio Multiusos, Puxeiros e Sanguiñeda). En apoio a diversidade e reivindicando os dereitos das persoas deste colectivo.
  • Ademais, como non podía ser doutro xeito, colocarase no balcón do Concello a bandeira LGBTI+ como todos os anos.
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS