viernes, noviembre 22, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaAdeus ás máscaras nos espazos abertos e con distancia de seguridade

Adeus ás máscaras nos espazos abertos e con distancia de seguridade

A máscara de proteción fronte á COVID-19 non será obrigatoria a partir do 26 de xuño no exterior e sempre e cando se garanta a distancia de seguridade de 1,5 metros.

Tal e como propuxo o comité clínico que asesora á Xunta na pandemia e como adiantou este mércores o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, a máscara deixará de ser obrigatoria nos espazos ao aire libre se se mantén a distancia de seguridade de 1,5 metros. Entre as persoas conviventes non será necesario o emprego da máscara. Así o vén de comunicar a ministra de Sanidada, Carolina Darias, logo do consello interterritorial.

Seguirá sendo obrigatoria nos espazos pechados «como farmacias, bibliotecas ou supermercados» segundo explicou Darias así como no transporte público.

En canto a eventos multitudinarios como os concertos, o público terá que levar máscara se están de pe mais non se están sentados e coa distancia de seguridade.

Deste xeito, a máscara de protección fronte ao virus deixará de ser obrigatoria nos espazos ao aire libre que permitan manter unha separación entre as persoas de 1,5 metros, e entre coniventes, pero non espazos pechados.

Amáis, nas residencias nas que o 80% dos usuarios ou dos usuarias estean xa vacinadas non terán que levala pero si o persoal e as visitas que reciban. Será así tamén en dependencias de servizos esenciais como os parques de bombeiros.

Este xoves aprobarase a nova normativa no consello de ministros. Escoita aquí á ministra de Sanidade, Carolina Darias:

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS