A hostalería do municipio amplía aforamentos a partir do 26 de xuño ata o 75% nas terrazas e á metade da capacidade no interior dos locais.
O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia da COVID-19 decide na reunión desta tarde manter aos concellos de Malpica de Bergantiños e Camariñas no nivel medio de restricións ao que soben Castroverde, Cambre e Poio.
Deste xeito, Soutomaior pasa ao nivel medio-baixo de restricións, o que implica que a hostalería do municipio amplía os aforamentos ata o 75% nas terrazas e ata á metade da capacidade no interior. Ao igual que os retantes concellos galegos.
O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 26 de xuño.