domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoLocalizan 100 quilos de hachís ocultos en dous coches en Tui

Localizan 100 quilos de hachís ocultos en dous coches en Tui

A Policía Nacional vencella a droga cunha rede que operaba no sur de Galicia e abastecíase de estupefacientes en Andalucía.

Axentes da Unidade de Droga e Crime Organizado da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron onte en Tui a un varón de 32 anos, de Huelva, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, no marco dun operativo no que foron interceptados dous vehículos cargados con 100 quilos de hachís agochados en diferentes compartimentos do coche.

A detención tivo lugar na noite do luns, cando os vehículos circulaban pola N-550 entre Porriño e Tui, despois de realizar o traxecto coa droga desde o sur de España, atravesando por Portugal. Os axentes lograron deter ao condutor de un dos coches e localizar ao outro vehículo, aínda que os ocupantes do segundo déronse á fuga.

Ambos vehículos desprendían un forte cheiro a hachís e parecían manipulados, polo que a Policía os trasladou a dependencias policiais para realizar unha minuciosa inspección. Finalmente, un dos coches, un Citröen C-4 gardaba ocultos nos baixos máis de 55 quilos de droga repartidos en pequenos envoltorios. No outro vehículo, un Seat Ibiza, ocultaba outros 45 quilos nas defensas laterais, tras a tapicería e no plástico do salpicadero.

A droga se atopaba prensada, en tabletas de 100 gramos e paquetes de medio quilo, listos para a súa distribución e venta.

A investigación, bautizada como “Operación Guernica”, continúa aberta e non se descartan novas detencións; de feito, mantense activa a procura dos ocupantes do segundo vehículo.

A Policía vencella ao detido e a droga intervida cunha rede que operaba dende o sur da comunidade galega e realizaba varias viaxes ao mes entre Galicia e Andalucía para abastecerse de estupefacientes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS