sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoA Plisan suma un millón de metros cadrados

A Plisan suma un millón de metros cadrados

A Xunta inclúe 1 millón de metros cadrados da Plisan na modificación do plan sectorial de áreas empresariais de Galicia.

A Xunta de Galicia decidiu incluír 1 millón de metros cadrados de solo empresarial da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (Plisan) na modificación prevista do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia.

Así o ratificaron o Goberno galego e os outros dous promotores da Plataforma —Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio Zona Franca de Vigo—, na reunión da comisión de seguimento celebrada esta tarde.

Os tres socios coincidiron en que, con esta decisión, se facilita a programación de reservas de solo no sur de Galicia, o que permitirá ofertar terreo a aquelas iniciativas que demanden superficies de grande extensión.

Así, Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca consideran convinte sumar este ámbito —correspondente integramente ao concello das Neves— no instrumento base de planificación de solo industrial vixente na Comunidade, xa que é unha ferramenta de planificación útil e actualizada que se adapta á demanda de superficie para usos industriais existentes.

Trátase da segunda ocasión na que modifica o Plan sectorial, aprobado no ano 2014. O obxectivo do Instituto Galego da Vivenda e Solo é de que este novo documento poida iniciar a súa tramitación ambiental no mes de xullo, coa previsión de que afecte ao redor de 7 millóns de metros no conxunto da Comunidade.
Neste ámbito, que xa conta neste momento con preto de 1 millón de metros cadrados en marcha e 2 millóns pendentes de urbanizar, xa se investiron 16 millóns de euros, polo que é imprescindible poñelo en valor, adoptando todas as medidas previstas para a súa programación e incorporación como solo produtivo.Así, co millón que se acordou incorporar hoxe, a Plisan pasará a contar con 4 millóns de metros cadrados de superficie total.

Por outra banda, cómpre lembrar que este mesmo mes, o Instituto Galego da Vivenda e Solo convocou unha poxa pública para sacar ao mercado a prezos competitivos case 280.000 metros cadrados repartidos en 39 parcelas da mesma zona, unha superficie á que poderán acceder as empresas interesadas tanto en réxime de compravenda como en dereito de superficie.
Na convocatoria deste ano, o prezo base de saída do solo oscila entre os 53,21 €/m2 das parcelas de máis de 20.000 m2 e os 71,71 €/m2 do resto, unhas contías na liña dos prezos bonificados do solo empresarial da Xunta. As empresas interesadas en acceder a este solo poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 31 de agosto.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou que se trata dunha área cunhas condicións exteriores óptimas e un futuros espazos estacionais que a converten nun ámbito cunha conectividade única no sur de Galicia. “Para a Xunta estas circunstancias non se poden obviar e parece lóxico aproveitalas co fin de poñer en valor a maior superficie posible”, explicou a conselleira.

Pola súa banda, o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, destacou que “As Neves e a área de Vigo levan tempo esperando esta decisión, que permitirá que no principal pulmón de chan empresarial de Galicia se asenten grandes proxectos”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS