lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasMos, O Porriño e Nigrán, libres de COVID-19

Mos, O Porriño e Nigrán, libres de COVID-19

Os municipios da Cañiza e de Pazos de Borbén non rexistran contaxios no periodo dunha semana.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza de Mos, O Porriño e Nigrán e non hai contaxios no periodo dunha semana nos municipios da Cañiza nin do de Pazos de Borbén. A incidencia baixa nas localidades da Guarda e Redondela.

Mos, Nigrán e O Porriño súmanse aos concellos de Covelo, Fornelos de Montes, O Rosal, Oia, As Neves, Arbo, Crecente, Mondariz e Mondariz-Balneario como as localidades nas que a COVID-19 deixou de circular entre a súa veciñanza pois non rexistran contaxios nin en 7 nin en 14 días, segundo o SERGAS.

Amáis, non se rexistra ningún positivo nos municipios da Cañiza nin en Pazos de Borbén no periodo dunha semana. Con esta mesma situaicón epidemiolóxica continúa Baiona.

Redondela presenta a incidencia máis baixa do rango de Sanidade con menos de 10 casos por 100.000 habitantes nunha semana mentres Soutomaior continúa como a localidade cunha maior presión do virus das comarcas ao superaar os 25 por 100.000 habitantes e é o único da bisbarra que se atopa nun nivel superior de restricións, no medio.

En Ponteareas aumentan os casos pero sen superar o abano dos 1-9 positivos e A Guarda sitúase agora na incidencia inferior aos 25 casos por 100.000 habitantes nunha semana. Nesta mesma situación epidemiolóxica continúan os municipios de Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Vigo. A cidade olívica con 40 casos, catro máis que na actualización do venres de Sanidade.

Así todo, o conxunto da Área Sanitaria de Vigo baixa dos 200 positivos cun total de 197 casos activos. Son 47 menos que no inicio da fin de semana. Nas camas convencionais son 9 pacientes ingresados por mor do virus, dous máis que na actualzación do venres, e continúan dúas persoas nas UCI.

É a área da Couña a que rexistra máis casos do conxunto de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS