lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Festival de música IKFEM volve á axenda estival de Tui

O Festival de música IKFEM volve á axenda estival de Tui

O evento, que o ano pasado trasladouse ao outono pola pandemia, anuncia as datas da súa novena edición: será do 18 ao 22 de agosto.

A axenda cultural estival das comarcas comeza a configurarse e un dos primeiros festivais que confirma o seu retorno ao verán e o IKFEM da Eurocidade Tui-Valença, que terá lugar entre o 18 e o 22 de agosto. E para celebralo, o evento ofrece como antesala un concerto o próximo 26 de xuño na catedral de Tui a cargo do organista Thomas Ospital.

A cita forma farte do ciclo “El órgano en las catedrales”, unha coprodución do Centro Nacional de Difusión Nacional, dependente do Instituto Nacional de Artes Escénicas e Música do Ministerio de Cultura e Deporte. O acceso será de aforo moi limitado e con invitación, que se poderá retirar na web de Ataquilla.

Proximamente, a organización do festival internacional de instrumentos de tecla revelará a programación da súa novena edición, que sen dúbida volverá a traer ás cidades fronteirizas grandes artistas como os convidados en anos anteriores: Ainhoa Arteta, Agatha Ruiz de la Prada ou Carlos Núñez.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS