«Foi necesario adoptar esta medida debido ao incremento das entradas non autorizadas e roubos perpetrados no parque de maquinaria e no punto limpo», segundo manifestou o alcalde, Luis Piña.
O rexedor anuncIa este venres que se está tramitando o expediente administrativo para implantar nas instalacións municipais un sistema de alarma e videovixilancia máis eficaz dotado dos últimos avances tecnolóxicos neste eido, «co obxectivo de protexer e velar polos bens do Concello».
Luis Piña manifestou a súa preocupación polos roubos sufridos nas instalacións do parque de maquinaria e no punto limpo «polo que resulta necesario reforzar a seguridade neste e outros edificios municipais para que accións como éstas non se volvan a repetir»
Este sistema de seguridade se instalará no parque de maquinaria, no edificio multiusos, punto limpo e complexo deportivo. Ademáis na Casa do Concello se instalarán dúas cámaras dentro e fóra do edificio.
O novo sistema sustituirá ao anterior que viña costando mensualmente 548,13€uros. Ademáis de incorporar máis cámaras en máis instalacións, as grabacións das imaxes aloxaranse na nube para que non se poidan perder e todo por 552,97€uros ao mes.