Será esta fin de semana na Praza do Concello, con actividades para a cativada de 3 a 10 anos
O sábado 19 e domingo 20 de xuño, dende ás 10.00 e ata as 20.30 horas, de xeito ininterrompido, estarán abertos diferentes postos con diversidade de produtos. Ademais, polas tardes, a partir das 16.30 horas, haberá actividades para os máis pequenos da casa, abranguendo a nenos de 3 a 10 anos.
A feira, na que colabora o Concello, está organizada por Revolto Artesán Galego, Asociación de Artesáns, Anticuarios e Coleccionistas, integrada por persoas comerciantes que se xuntan para dar vida a mercados e feiras nas diferentes localidades de Galicia.
Así é que a última das citas foi a pasada fin de semana en Noia.