martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO PaísMorre afogado un neno de 11 anos nunha excursión en Mazaricos

Morre afogado un neno de 11 anos nunha excursión en Mazaricos

Un neno de 11 anos morreu afogado durante unha excursión escolar a Mazaricos. Os estudantes do CEIP Fogar de Carballo tiñan permiso para utilizar as piraguas no encoro da Fervenza pero cando notaron a falta deste alumno xa era tarde.

Bombeiro de Santa Comba, Pablo Fadeville:

A vítima estaba  nunha piragua xunta outros compañeiros. Nun determinado momento perdeuse a visión do pequeno, e cando o rescataron estaba falecido. Entre outros efectivos, actuaron os bombeiros de Santa Comba, que recuperaron o corpo do neno afogado.

Os rapaces, uns 40 alumnos, estaban acompañados na excursión na zona de Naturmaz, un parque de aventuras, polo director do centro, un coidador e un profesor.

Efectivos da Policía Xudicial da Garda Civil fixéronse cargo da investigación para aclarar o ocorrido, pero de momento descoñécense as circunstancias que rodean o incidente.

A Consellería de Educación  decretou tres días de loito oficial sen actividade lectiva no CEIP Fogar de Carballo. Educación fixo chegar a decisión aos pais a través dun comunicado e trasladou o seu máis sentido pésame en nome do Goberno galego aos seus familiares, profesores e compañeiros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS