A asistencia dos convocados a vacinarse en Galicia contra a COVID-19 era do 93% pero segundo se vai reducindo a idade dos citados o absentismo aumenta e a asistencia dos chamados redúcese ao 85%.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fixo un chamamento a que a mocidade asista a vacinarse contra a COVID-19 porque «a enfermidade non é allea aos máis novos».
Segundo o conselleiro nas UCIS de Galicia hai persoas de 22, 25 e 38 anos.
García Comesaña pide á poboación que continúe mantendo a prudencia e as normas básicas de convivencia
«Un chamamento a acudir á vacinación. Galicia teñen unha porcentaxe alta de persoas que acoden, pero segundo baixamos en idade detectamos un incremento das persoas que non acoden» apuntou o conselleiro.
A previsión é que cando comece o vindeiro curso 2021-2022 «unha boa parte dos estudantes poderían estar no proceso de vacinación», asegura o conselleiro respecto dos menores de 18 anos.
Por outra banda, a previsión é que a poboación de 39 anos para abaixo poida comezar vacinarse no mes de xullo.