A Escola desexa celebrar o seu décimo aniversario cunha exposición.
A Escola Infantil de Cototorrón cumpre en xullo 10 anos en activo tras a súa rehabilitación e integración na Rede de Esolas A Galiña Azul do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e, para celebrar a súa primeira década en activo, o equipo docente do centro, encabezado pola directora Ana Martínez, decidiron poñer en marcha esta iniciativa. Trátase de localizar ás familias usuarias ao longo dos anos para pedirlles que, mediante fotografías ou cartas, plasmen a súa experiencia de paso pola Escola. Con todo o material recibido, máis o que xa se conserva, o vindeiro mes de xullo realizarase unha exposición, coincidindo coa data de apertura das instalacións.
Escoita aquí as declaracións da directora, Ana Martínez:
A Escola conta co apoio do Concello de Mos. Precisamente, este mércores, a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, visitaban as instalacións para abordar con Ana, a directora, os detalles da actividade e para colaborar na difusión do proxecto; para que así se sumen ao mesmo o máximo número de familias posibles.
Incluso se fose posible, algúns daqueles primeiros alumnos ou alumnas que desde os anos 30 do século pasado, acudían diariamente ás que naquel entón eran as Escolas Unitarias, que foron construídas grazas ás doazóns dos ‘Fillos de Mos Residentes en Bos Aires’, hoxe Asociación Galega de Residentes de Mos en Bos Aires.
Deste xeito o vindeiro mes de xullo a Escola Infantil de Cototorrón, na parroquia de Tameiga, será esceario dunha mostra da historia de Mos, da historia educativa do pasado século e do actual. De historias en primeira persoa, como son as dos centos de cativos que levan pasado por estas aulas ao longo dos anos.