lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaLoli Castiñeira renuncia ao cargo "para cumprir co pactado"

Loli Castiñeira renuncia ao cargo «para cumprir co pactado»

«Non hai outro motivo para a renuncia, fágoo para cumprir co acordo», explicou Castiñeira no pleno celebrado este luns.

A que ata onte era a rexedora de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, puxo en valor o pacto de goberno que acadou o seu grupo, Movemento Salceda, co Partido Socialista. Un pacto que, segundo Castiñeira, «permitiu a estabilidade necesaria para gobernar o municipio». Incidiu, amáis, en que «síntome capacitada e volverei se a veciñanza así o desexa».

No pleno deste luns tamén houbo un recoñecemento á xefa de gabinete de Loli Castiñeira, Tere Pérez.

WhatsApp Image 2021 06 15 at 09.38.27 3

As eleccións municipais do 2019 arroxaron un resultado de 6 concelleiros para o Partido Popular, 4 para Movemento Salceda e 3 para o Partido Socialista. Neste contexto, a lider de MS, Loli Castiñeira e a dos socialista, Verónica Tourón chegaron a un acordo de goberno no que se repartían o tempo da alcaldía do concello á metade. É dicir, os dous primeiros anos rexería o municipio Castiñeira e os dous seguintes Tourón.

Este martes toma posesión a nova alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS