domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasSen piscina este verán en Salceda, Salvaterra, Mondariz e Tui

Sen piscina este verán en Salceda, Salvaterra, Mondariz e Tui

Confirmárono os catro concellos nun comunicado e apuntan a que «pouco cambiaron as condicións do Ministerio de Sanidade».

A veciñanza de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tui e Mondariz quedan sen piscina, por segundo verán consecutivo, debido ás restricións da COVID-19. Unhas restricións do Ministerio de Sanidade que, segundo apuntan nun comunicado os concellos, «pouco cambiaron con respecto ao ano anterior». A ocupación debería ser do 50% con distancia de seguridade, do 30% nos vestiarios e nas zonas de duchas e engadese, agora, a obrigatoriedade de que as persoas acudan con cita previa e a limpeza e desinfección de cada uso «co peche temporal que implica estas tarefas», explican, máis a redución do espazo nas zonas de estadía.

Os catro rexedores apuntan no comunicado que «debido a que ás instalacións acoden un gran número de persoas, estas veríanse interrumpidas constantemente», unha circunstancia que, consideran, «perxudica o obxectivo das piscinas, que é a comodidade e o lecer dos veciños e da veciñas».

Neste tempo de peche das piscinas municipais durante os meses de verán, o segundo por mor da pandemia da COVID-19, os concellos acometerán melloras nas instalacións «de cara a unha nova apertura», segundo aseveran no comunicado.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS