lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoMiñones agradece o traballo do comandante do Miño na pandemia

Miñones agradece o traballo do comandante do Miño na pandemia

O capitán da Comandancia Naval do Miño, Juan Díaz, deixa o posto tras dous anos, periodo máximo para este cargo.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reuniuse está mañá co comandante naval do Miño, Juan Díaz, para agradecerlle publicamente o traballo desenvolto por esta unidade da Armada na fronteira con Portugal durante a pandemia da COVID-19.

Miñones puxo en valor o importante valor que xoga a Comandancia Naval do Miño a ambas beiras do río e en todo o Baixo Miño, así como nas relación coas autoridades do Norte de Portugal e coa Mariña Portuguesa. Un papel que se intensificou nos últimos meses debido ás restricións que acordaron na zona ante a evolución da pandemia.

Durante o encontro, o capitán da Comandancia Naval do Miño comunicoulle ao delegado o seu cese no cargo tras dous anos de traballo co obxectivo de proseguir a súa formación no Estado Maior da Armada, en Madrid.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS