Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, o lume afecta unha superficie 350 hectáreas.
Medio Rural informa que o lume que afecta a Salvaterra de Miño, Covelo e Mondariz está xa controlado. Segundo as últimas estimacións, este calcinou unha superficie estimada de 350 hectáreas.
O incendio iniciouse o sábado ás 21:51 horas na parroquia de Uma, en Salvaterra de Miño. Chegou a decretarse a «Situación 2» na madrugada, ás 00:59 horas, pola proximidade do lume ao núcleo de Maceiras e, posteriormente, aos núcleos de Mouriscados, Fontebalán e Crespos. Estes tres últimos pertencentes ao concello de Mondariz. Con todo, a medida preventiva quedou suspendida ás 7:26 horas da mañá do domingo.
Para o seu control téñense mobilizado, ata o momento, 1 técnico, 15 axentes, 55 brigadas, 33 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.
Todo apunta a que foi un raio, da tormenta que tivo lugar no inicio da fin de semana no sur da provincia de Pontevedra, o que provocou o incendio.