lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoCalidade "excelente" da auga das días praias fluviais de Tui

Calidade «excelente» da auga das días praias fluviais de Tui

As dúas praias fluviais de Tui, Areeiros en Guillarei e O Penedo en Caldelas, xa están prontas para a tempada estival, logo de que o Concello rematara o seu acondicionamento.

Procedeuse á limpeza destes espazos e ao balizamento da zona de baño por terceiro ano consecutivo, co que se mellora a seguridade dos bañistas que acoden a estas praias. Ademais, tanto Areeiros coma O Penedo contan cunha calidade da auga “Excelente”, segundo o control de augas en zonas de baño que realiza a Xunta.

Por outra banda, este ano, non se instalarán baños públicos en ambas praias ante a dificultade do cumprimento da normativa establecida en materia sanitaria debido á pandemia da COVID 19.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS