O concello no autoriza as fogueiras de San Xoán «para non favorecer situacións de risco que comprometan o nivel de restricións en Redondela co conseguinte impacto económico que elo tería», explican.
Redondela explica, mediante un comunicado, que «vistas as directrices da FEGAMP, logo de consultar a posición da Xunta de Galicia e avaliando os riscos derivados da eventual celebración das tradicionais fogueiras de San Xoán, debemos ter presente que aínda seguimos nunha situaicón de excepcionalidade». Así que, neste senso, o concello insiste en que «a adecuada protección da saúde das persoas debe er o citerio que presida a actuación dos poderes públicos».
O concello entende que as fogueiras de San Xoán «son por definición un evento para o encontro e a celerabación presidida pola espontaneidade e o carácter festivo» . É por este motivo polo que a Concellería de Medio Ambiente vén de acordar non autorizalas para impedir «as concentracións humanas así como os desprazamentos de poboaicón derivados, que son impredicibles».
Outro dos motivos aos que alude o concello de Redondela é a non «comprometer o éxito da campaña de vacinación» así como «actuacións que poidan elevar o nivel de restricións en Redondela co conseguinte impacto económico que elo tería».