A Área Sanitaria de Vigo é a que máis baixa con 34 menos que onte e, agora, é a da Coruña a que conta con máis casos activos.
Segundo a última actualización do SERGAS, en Galicia hai 1517 casos activos en COVID-19. É dicir, 64 menos que onte. Máis da metade deles pertencen ao descenso da Área Sanitaria de Vigo que rebaixou as cifras con 34 menos.
Todas as áreas sanitarias descenden nos casos activos agás Lugo, que mantén os datos, Ferrol e A Coruña, que aumentan con respecto á anterior actualzación.
Por áreas santiarias:
- Área Sanitaria da Coruña: 368 (+7)
- Área Sanitaria de Vigo: 352 (-34)
- Área Sanitaria de Lugo: 208 (=)
- Área Sanitaria de Santiago: 182 (-24)
- Área Sanitaria de Ourense: 149 (-6)
- Área Sanitaria de Pontevedra: 148 (-9)
- Área Sanitaria de Ferrol: 110 (+2)
En canto á presión hospitalaria, son tres pacientes menos ingresdos en camas convencioanis ata os 52 e dous máis nas UCI ata os 16. Nas última horas, o SERGAS notificou o falecemento de dúas mulleres. Unha muller de 64 anos no CHUVI e outra muller de 88 anos no CHUAC. Ambas presentaban patoloxía previas. O número de falecidos ascende,así, ata os 1430 en Galicia dende o inicio da pandemia.