lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasVigoA falla de microchips obriga a Stellantis Vigo a volver parar

A falla de microchips obriga a Stellantis Vigo a volver parar

A dirección da planta de Stellantis en Vigo (antiga PSA Peugeot Citroen) en Balaídos anunciou que, «por causas de forza maior» e ante os problemas de aprovisionamento «que persisten», deterá de novo a produción nos próximos días.

O paro será de ámbolos dous sistemas, 1 e 2, de turismos e furgonetas.  Verase mermada a fabricación de unidades de Peugeot 2008, o C-Elysée e o Peugeot 301 o próximo domingo e luns.

A previsión da factoría é reanudar o martes 15 de xuño, coa incorporación da quenda B en horario de mañá.

Prevese que volvan parar na quenda de noite do mércores 23 de xuño e nas quendas de mañá e tarde do xoves 24, e tamén a xornada completa do mércores 30 de xuño.

Stellantis estase a ver afectada pola denominada «crise dos microchips», que afecta aos seus provedores de compoñentes electrónicos.

Os traballadores están acollidos a un ERTE aprobado por este motivo desde marzo de 2021.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS