lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoRegreso íntimo das alfombras florais de Corpus a Ponteareas

Regreso íntimo das alfombras florais de Corpus a Ponteareas

As alfombras florais regresaron a Ponteareas nunha festa do Corpus moi local, destinada fundamentalmente á veciñanza, para evitar aglomeracións pola COVID-19, pero ao mesmo tempo sen ter que renunciar, como pasou no 2020, á arte efémera que fai coñecida internacionalmente a Ponteareas.

Non todos os portais alfombristas fixeron tapices este domingo de Corpus. Algúns preferiron agardar ao ano que vén por seguridade para velar pola saúde dos seus integrantes.
Os alfombristas que si fixeron deseños, elaboraron pequenas mostras, moito máis reducidas que de costume, de tal maneira que os visitantes, maioritariamente veciñas e veciños de Ponteareas, aínda que non só, puideron pasear polo centro urbano con amplitude de espazo para contemplar as obras feitas con pétalos e diversos e coloridos materiais vexetais.
Os accesos e o centro urbano de Ponteareas estiveron vixiados por numerosos efectivos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil para velar polo cumprimento das normas anticovid.
Ao ser unha Festa de Interese Turístico Internacional a elaboración dos tapices na mañanciña do domingo puido seguirse a través de streaming.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS