O festival O Son do Camiño terá que agardar ao 2022 pero entre o 14 de xullo e o 8 de agosto un total de 18 artistas e bandas tocarán no ciclo de concertos O Son do Camiño-Perseidas no Monte do Gozo. Entre eles Ara Malikian, Vetusta Morla, Carmilo, Estopa, Raphael ou Melendi.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez:
Presentouse esta mañá e as entradas sairán á venda o 11 de xuño.O prezo dependerá da proximidade ao escenario.
O aforo será dun máximo de 5.000 persoas, divididas en grupos burbulla de 1.000.
Programa:
- 14 de xullo: Rozalén e Guadi Galego.
- 15 de xullo: Camilo e Pablo Lesuit.
- 16 de xullo: Andrés Suárez, Xoel López e Sabela.
- 17 de xullo: Vetusta Morla e Furious Monkey House.
- 22 de xullo: Ara Malikian.
- 24 de xullo: Beret e David Rees.
- 29 de xullo: Estopa.
- 30 de xullo: Izal e Maren.
- 1 de agosto: Raphael.
- 7 de agosto: Loquillo.
- 8 de agosto: Melendi.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentaron o ciclo nun acto que se desenvolveu no Monte do Gozo.
O evento estará adaptado «ás circunstancias da pandemia». Cumprirá todas as medidas de prevención necesarias para garantir a seguridade e «volverá situar Galicia como referente musical».