A Dirección Xeral de Saúde Publica vén de acordar descender ao nivel alto de restricións aos concellos de Mos e A Pobra do Caramiñal
Tras avaliar a situación epidemiolóxica dos dous únicos concellos galegos nos que rexían as medidas do nivel máximo de restricións, e corroborar que a evolución de ambos cumpría cos criterios fixados polo comité clínico para baixar de nivel, o departamento sanitario galego decidiu que, desde o vindeiro luns, ambos municipios pasen a formar parte da listaxe de concellos en nivel alto.
Así, os municipios de Mos e da Pobra xa non estarán perimetrados, polo que é posible entrar e saír das localidades sen causa xustificada, e a hostalería pode abrir ao 50% e só nas terrazas.
Os restantes municipios galegos ficarán cos mesmos niveis de restrición actuais.
Esta medida entrará en vigor ás 00:00 horas do vindeiro luns, 7 de xuño.