A alcaldesa, Loli Castiñeira e a futura rexedora, Verónica Tourón, compareceron fronte aos medios para explicar o relevo no mando de Salceda.
A rexedora de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e a tenente de alcalde, Verónica Tourón, compareceron para dar conta dos pasos que seguirán para tomar o relevo da alcaldía. A socialista Tourón tomará o bastón de mando do concello o 15 de xuño co fin de dar cumprimento ao pacto de goberno «porque somos xente de palabra», segundo dixo Castiñeira, de Movento Salceda.
Neste senso, a actual rexedora confirmou que seguirá gobernando unha maioría de esquerdas no municipio e «por nós non vai quedar» segundo leu nun comunicado consensuado con Verónica Tourón.
Movemento Salceda conseguiu nas urnas catro actas e o PSDG-PSOE tres. Así todo, amáis da alcaldía, os de Loli Castiñeira perden tamén á xefa de gabinete, que na actualidade ostenta a ex concelleira, Tere Pérez.
Neste contexto, os socialistas quedarán con tres dedicacións máis un posto a xornada completa e Movemento Salceda con tres dedicacións.
Non mudan as concellerías de Urbanismo, que seguirá sendo do PSOE así como a de Facenda que continúa en mans de Movemento Salceda.
Loli Castiñeira, a primeira alcaldesa da historia de Salceda de Caselas, será coordinadora de proxectos e será a responsable directa de Vías e Obras, cargo actual do compañeiro Miguel González, que seguirá con Mobilidade.
Así o explicou a alcaldesa, Loli Castiñeira:
Pola súa banda, Verónica Tourón agradece o labor de Castiñeira, coa que seguirá traballando «cóbado a cóbado»:
Entrevistas coa actual rexedora, Loli Castiñeira e a socialista Verónica Tourón: