Volven os contaxios ao concello de Arbo.
Segundo a última actualización de Sanidade, Mos consigue reducir o número de contaxios que se diagnostican entre a súa veciñanza nunha semana polo que a incidencia sitúase, arestora, entre 125 e 250 positivos por 100.000 habitantes en 7 días. En Ponteareas son menos de 25 casos por 100.000 nunha semana e en Nigrán menos de 10 por 100.000. Pola contra, volven os casos ao municipio de Arbo
A incidencia da COVID-19 baixa en Mos logo de dúas xornadas de variación en canto ao número de positivos novos nunha semana no municipio. Arsetora, rexistra entre 125 e 250 casos por 100.000 habitantes con 33 en 7 días, sete menos que na anterior actualización do SERGAS. Con todo, coa perspectiva de 14 días segue superando os 500 contaxios por 100.000.
Ponteareas sitúase, nesta última actualización, na segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade, entre os 10 e 25 positivos por 100.000 habitanes nunha semana. Nesta mesma situación epidemiolóxica continúa Salvaterra de Miño e Mondariz.
Pola contra, a COVID-19 volve ao municipio de Arbo logo de dúas xornadas nas que ningún veciño e veciña dera positivo. Presenta, así, a incidencia entre os 25 e os 75 por 100.000 habitantes nunha semana. A mesma na que continúa O Rosal, Redondela, As Neves, Soutomaior, O Porriño e Vigo. Só a cidadade olívica con 128 contaxios e Redondela con 12 superan o abano dos 1-9 positivos nunha semana.
Son 9 concellos das comarcas nos que o virus deixou de circular nunha semana: Oia, Tui, Salceda de Caselas, Crecente, A Cañiza, Covelo, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Con todo, manteñen casos coa perspectiva de 14 días polo que aínda non é posible incluilos na listaxe dos concellos libres de COVID-19 como si o están A Guarda e Mondariz-Balneario. Amáis, Tomiño e Baiona contan con menos de 10 casos por 100.000 habitantes nunha semana.
Tres pacientes menos por mor da COVID-19 na área
A Área Sanitaria de Vigo non experimenta cambios en canto aos novos casos activos en COVID-19. Son 662 veciños e veciñas co virus, igual que onte.
Si varía a presión hospitalaria con dous pacientes menos ingresados ata os 15 en camas convencionais e cun menos nas UCI ata os 6.