lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaOs jalpóns de Cans na Bienal de Venecia

Os jalpóns de Cans na Bienal de Venecia

Desde esta mesma semana, varias maquetas dos xa célebres jalpóns do Festival de Cans, permanecen expostos na Bienal de Venecia de Arquitectura, onde estarán ata o vindeiro mes de novembro

O proxecto, que se poderá ver no pavillón español, xa estaba previsto para o pasado ano, pero tivo que adiarse por mor da irrupción da pandemia. Os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco, do estudio de arquitectura CreuseCarrasco, son os autores deste proxecto que responde á reflexión que formula a Bienal de Venecia na súa XVII edición: “¿Como podemos vivir xuntos?”. A través de material gráfico, unha videoinstalación e orixinais maquetas de madeira deseñadas para esta ocasión, estes arquitectos propuxeron unha reflexión arredor da aldea de Cans e o seu territorio, denominada “Cans, arquitectura de consenso”. Juan Creus e Covadonga Carrasco afondan no seu proxecto na recuperación do patrimonio, os xeitos de convivencia e a singular conversión dos espazos cotiás privados en lugares de acción cultural de proxección pública, un dos sinais de identidade do Festival de Cans.

Cans, un dos 34 proxectos seleccionados entre os máis dos 400 presentados

Máis de 400 proxectos foron presentados para estar presentes no pavillón de España da Bienal de Venecia, dos que só 34 foron seleccionados, entre eles o proxecto relacionado co Festival de Cans. Este proxecto forma parte da exposición “Uncertainly” e reflexiona sobre a arquitectura de impacto social e a convivencia.

O Festival de Cans convidado ao Festival de Cine Africano de Tarifa – Tánger

Por outra parte, o Festival de Cans foi un dos festivais do Estado convidados a un coloquio sobre festivais e periferia, que tivo lugar este martes no marco do Festival de Cine Africano de Tarifa – Tánger, un dos festivais máis prestixiosos da península. Neste encontro, presencial e en liña, reflexionouse sobre o feito de organizar festivais e levar o cinema ás pequenas cidades, vilas ou aldeas afastadas dos epicentros culturais habituais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS