lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasAumentan os contaxios en Mos e A Guarda, libre de COVID-19

Aumentan os contaxios en Mos e A Guarda, libre de COVID-19

Volven nos casos a Baiona, baixa a incidencia en Mondariz e o virus deixou de circular nunha semana en Pazos.

Segundo a última actualización de Sanidade, Mos volve á incidencia superior os 250 positivos por 100.000 habitantes nunha semana ao contar con 4 contaxios máis que onte, mentres a presenza do virus baixa en Mondariz. Pola contra, os casos volven ao concello de Baiona. A COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza de Pazos de Borbén durante 7 días e na Guarda non hai positivos nin en 7 nin en 14 días.

Así, en Mos son 40 positivos en COVID-19, catro máis que onte. Con estes datos, o municipio sitúase, de novo, na zona de risco ao superar os 250 casos por 100.000 habitantes nunha semana. Na actualización deste luns, Sanidade situaba ao concello na incidencia entre os 125 e 250 por 100.000 habitantes.

Volven os casos ao concello de Baiona logo de dúas xornadas co contador a cero en canto aos novos contaxios diagnosticados entre os veciños e as veciñas. Con todo, non supera o abano dos 1-9 positivos nunha semana e presenta a incidencia máis baixa con menos de 10 por 100.000 habitantes en 7 días. A mesma situación epidemiolóxica que Tomiño.

A presenza do virus descende entre a veciñanza de Mondariz ao situarse, arestora, con menos de 25 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. A mesma na que se menteñen os municipios de Salvaterra de Miño e de Nigrán.

Pazos de Borbén únese aos concellos nos que a COVID-19 deixou de circular entre a súa veciñanza en 7 días xunto a Oia, Tui, Salceda de Caselas, Arbo, Crecente, A Cañiza, O Covelo e Fornelos de Montes. Así todo, manteñen contaxios coa perspectiva de 14 días polo que aínda non é posible incluílos na listaxe dos municipios libres do virus como si o están Mondariz-Balneario e, logo desta última actualización do SERGAS, A Guarda.

Os demais municipios das comarcas manteñen os datos epidemiolóxicos con respecto a onte. Entre 25 e 75 positivos por 100.000 habitantes, O Rosal, Gondomar, As Neves, Ponteareas, Redondela, Vigo, O Porriño e Soutomaior. Deles, supera o abano dos 1-9 casos a cidade olívica con 140 e Redondela con 12.

Falece unha muller con COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo

O SERGAS notifica este luns o falecemento dunha muller de 74 anos, con patoloxías previas, en Povisa. Así, son xa 435 as persoas que perderon a vida con COVID-19 dende o inicio da pandemia na Área Sanitaria de Vigo.

A área non presenta cambiso significativos pois son tres contaxios menos que onte, ata os 662 casos activos e a presión hospitalaria varía nunha persoa menos ingresada en camas convencionais. En total, son 17 e nas UCI, 7.

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS