domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsComarcasTui e Arbo, sen positivos en 7 días e baixa a incidencia...

Tui e Arbo, sen positivos en 7 días e baixa a incidencia nas Neves e en Mos

Mos baixa dos 250 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días durante esta fin de semana.

Segundo a última actualización de Sanidade, Mos presenta unha incidencia entre 125 e 250 positivos en COVID-19 por 100.000 habitantes en 7 días e o virus deixou de ciruclar entre a veciñanza de Tui e de Arbo nunha semana. As Neves rexistra agora menos de 75 contaxios por 100.000 habitantes.

A presenza da COVID-19 entre a veicñanza de Mos redúcese e baixa así a incidencia no municipio. Foi na actualización do 21 de maio cando o concello da Louriña entrou na zona de risco, ao superar os 250 casos por 100.000 habitantes en 7 días, por mor un gromo que tivo orixe no IES de Mos. Agora, dez días despois, a localidade rexistra entre 125 e 250 casos por 100.000 con 36 contaxios, 11 menos que no inicio da fin de semana. Dende a media noite do sábado rexen as medidas do nivel máximo de restricións.

A boa nova vén  de Tui e de Arbo. Durante a fin de semana, o virus deixou de circular nestes concellos e súmase así aos concellos da Guarda, Oia, Salceda de Caselas, Crecente, A Cañiza, O Covelo, Baiona, Mondariz e Fornelos de Montes como municipios nos que non hai contaxios entre os seus veciños e veciñas en 7 días. Con todo, aínda non é posible incluílos na listaxe das localidades nas que  COVID-19 non ten presenza, como é o caso de Mondariz-Balneario, posto que manteñen positivos coa perspectiva de 14 días.

Ponteareas, concello no que rexen as medidas do nivel medio de restricións, baixa dos 13 contaxios nunha semana e sitúase no abano dos 1-9 casos en 7 días cunha incidencia entre os 25 e os 75 por 100.000 habitantes. A mesma incidencia á que baixa As Neves e na que continúan O Rosal, Gondomar, Pazos de Borbén, Vigo, O Porriño e Soutomaior. Só a cidade olívica supera os 9 positivos con 135.

Salvaterra de Miño e Nigrán sitúanse na segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade ao rexistrar menos de 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Tomiño conta con menos de 10 positivos por 100.000 en 7 días.

A Área Sanitaria de Vigo baixa dos 700 casos activos e rexistra 665 contaxios. En canto á presión hospitalaria, é un paciente menos en camas convencionais ata os 18, dende o inicio da fin de semana e dous máis ata os 7 en coidados intensivos. Segue sendo a área con maís contaxios do conxunto de Galicia.

 

 

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS