domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos suspende a Festa da Rosa por mor da COVID-19

Mos suspende a Festa da Rosa por mor da COVID-19

Manterase o acto institucional do 13 de xuño, sen público, que será retransmitido en directo, cos pregoeiros Óscar Pereiro e Javier Guillén e a corporación municipal

Así o anunciou esta mañá a alcaldesa Nidia Arévalo no pleno celebrado de xeito telemático dada a situación de nivel máximo de restricións por mor da COVID-19 no que se atopa o muncipio dende o sábado e que hoxe rexistra un total de 98 casos positivos, dous menos que na xornada de onte (domingo)

O Concello de Mos tiña prevista a presentación oficial do programa de actividades culturais da Festa da Rosa 2021 o pasado venres 28 de maio. Presentación que non chegou a realizarse dada a situación sanitaria actual do municipio. A devandita programación incluía o festival musical infantil Canto Conto o domingo 30 de maio, o xoves 10 de xuño a inauguración da Exposición “Camiño do Encaixe” de Ana Rosa Liste no Pazo de Mos, o venres 11 cine na rúa coa proxección de “María Soliña” nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, o domingo día 13 concerto de Andrea Pousa no mesmo emprazamento e o sábado 18 de xuño “DesfilaMOS”, desfile de deseños de Encaixe de Bolillos organizado pola Asociación de Palilleiras de Mos nos exteriores do Pazo de Mos.

Unha parte dos fondos irá destinada a unha campaña de promoción da hostalería

Esta programación queda, por tanto, suspendida e unha partida das destinadas a financiala dedicarase a poñer en marcha unha campaña de promoción e difusión publicitaria masiva da hostalería mosense incluída no plan ‘Queda en Mos. Todo ao teu alcance’, como así o comunicou a rexedora local mosense. Con esta campaña preténdese darlle un gran pulo aos locais hostaleiros de Mos durante o verán, unha vez superado o nivel máximo de restriccións no que se atopa o municipio, e fomentar que tanto veciñanza mosense como de concellos da contorna e incluso turistas consuman en bares, restaurantes, taperías e cafeterías de Mos. Dita campaña incluirá múltiples accións entre as que se atoparán a instalación de mupis publicitarios en Sanxenxo, promocionando o fin de etapa en Mos da etapa 20 de La Vuelta 21 (Sanxenxo-Mos) o 4 de setembro, de xeito que tanto habitantes de Sanxenxo como veraneantes que alí se atopen se animen a coñecer Mos e a consumir nos negocios de hostalería de Mos.

Concurso virtual on line de rosas

O que si se manterá dentro da programación da Festa da Rosa 2021 será o Concurso de Rosas, que se levará a cabo a través dunha iniciativa en redes sociais que pronto se detallará, e que contribuirá a manter e non perder as tradicións locais, sendo unha das máis senlleiras o devandito concurso.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS