Un particular deu aviso ao 112 Galicia sobre ás 11:15 da mañá.
Un home falece esta mañá en Tomiño, mentres desbrozaba unha finca, por mor de varias picaduras dunha avespa nun brazo e nunha perna. Foi sobre as 11:15 horas cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular alertando do feito e mobilizáronse efectivos do GES da Guarda, un helicóptero medicalizado, a Policía Local de Tomiño e Garda Civil máis emerxencias sanitarias.
Os sanitarios intentaron reanimar ao home durante 90 minutos pero non poideron facer nada por salvarlle a vida ao home, de 53 anos de idade.Todo apunta a que era alérxico as avespas.