A 58 edición da Feira do Ribeiro adáptase e combina actividades presenciais e virtuais.
Ribadavia xa ten en marcha a 58 edición da Feira do viño do Ribeiro. Ata alí desprazáronse diferentes persoeiros políticos como o conselleiro de Medio Rural, José González ou o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, entre outros.
A alcaldesa, Noelia Rodríguez, asegurou que esta edición «ten que ser o termómetro da economía da comarca». Salientou tamén o traballo das mulleres neste eido e pediu que soara «o nome do ribeiro máis forte que nunca».
Pola súa banda, o conselleiro de Medio Rural, José González, salientou o destintivo lembrando ao escritor galego Álvaro Cunqueiro e o delegado do goberno, José Miñones, coincidiu con González na importancia do facor humano no viño.
Este ano, debido á situación COVID, a principal novidade será a celebración da FVR nun formato mixto, na que se combinará un completo e variado programa de actividades presencias con aforo reducido e controlado, cunha aplicación de internet na que se terá toda a información tanto das adegas e colleiteiros participantes como da programación.